23.6.09

Que lemos este verán?

Non sabedes que ler este verán? Velaiquí tedes algunhas recomendacións.
Disfrutade das vacacións, da lectura e deica setembro!!

17.5.09

Visita de Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado visita a Cachada

O pasado xoves 30 de abril, os membros do club de lectura da biblioteca, tivemos o privilexio de asistir a unha charla dada polo escritor de cómics Miguelanxo Prado.

A conversa durou aproximadamente sobre tres horas,nas cales o escritor e debuxante falounos de diversos e interesantes temas relacionados co cómic,dende como leer un destes,o proceso polo que pasa un dos seus cómics ata que é publicado,ata graciosas anécdotas nas que se baseou para crear algunhas das súas historietas.

Dende aquí darlle as grazas a Miguelanxo por haber sacado un pouco de tempo e adicarnolo a nós.

30.4.09

Os nanorrelatos gañadores


Estes son os nanorrelatos gañadores! Ide probando o bañador porque xa tedes unha praza no bus que leva ao Aquapark de Cerceda. Parabens!!

E aqueles que queirades participar na fase de animación, non esquezades que o martes día 5 de maio, durante o 1º e 2º recreo, Ana vainos explicar como vai iso do Goanimate. Vémonos no aula de Tecnoloxía 1.

Boa ponte a todos!!

29.4.09

Falando con Gonzalo Moure

Hoxe, na biblioteca da Cachada, coñecimos a Gonzalo Moure. Falounos dos seus libros, de como escribe, de onde xurden as súas historias, dos seus proxectos no Sahara... E a moitos entráronnos ganas de correr á nosa biblioteca ver se estaba Nacho Chichones, a rapaza que da Besos del Sahara ou Maito Panduro.
Bonito encontro!

27.4.09

Preparados, listos... a escribir!


Botádelle un ollo... mirade que caras de concentración... ideas en estado puro...
Este xoves saberemos cales son os Nanorrelatos gañadores. Impacientes?

22.4.09

Rumoroloxía

Disque... seica... Miguelanxo Prado está por chegar á Cachada ... Que haberá de certo? Estade atentos...
E se queredes prepararvos, na biblioteca temos:

E proximamente...

19.4.09

No día do libro, escribimos nanorrelatos!

Se pinchas na imaxe poderás ver as bases do certame.
Non esquezas pasar pola biblioteca e inscribirte nunha das catro categorías!

24.3.09

WANTED


A Confederación de Bibliotecas de Boiro anda á procura da mascota do blog de bibliotecas que está a piques de nacer.
Víchela? Tes idea de onde pode estar? Da pinta que ten?
Poida que sexa unha foto, un debuxo, unha escultura, un graffiti...
Non temos nin idea, mais poida que ti a coñezas.
Fai un "retrato robot" antes do día 15 de maio e axúdanos na súa captura.

13.3.09

Que imos ler?

O club de lectura reuniuse (10.03.09). Agora andan a pensar que é o que van ler.

Persépolis, de Marjane Satrapi?

Maus, de Art Spiegelman?

Watchmen, de Alan Moore ?

E ti, liches algún? Líchelos todos? Que nos podes dicir?

10.3.09

A BD sae da biblioteca...

Visita a BD*expo 2009!!
Do 10 ao 27 de marzo, tes unha cita coa banda deseñada no IES A Cachada de Boiro.
Ven e bótalle un ollo!!

3.6.08

Na rede

Xa estamos rexistrados en "A Nosa Biblioteca"!!

23.5.08

Club de lectura

A sombra descalza, este é o título da novela elixida como lectura para un club que, gracias á colaboración da Biblioteca Municipal de Boiro e á participación da profesora de Lingua Galega Carmen Rodríguez Varela, comezou a funcionar esta semana. Trátase dunha nova experiencia que esperamos repetir nos vindeiros cursos.
Os clubs de lectura consisten na xuntanza dun grupo de persoas que elixen unha lectura para analizala e comentala. Normalmente os membros do club xúntanse un día á semana ou quincenalmente para falar e intercambiar impresións sobre o libro. É unha maneira interesante de compartir o gusto pola lectura. O noso club desenvólvese dunha maneira algo diferente, xa que é un club "virtual" que emprega o blog como foro de debate.
Ánimo a todos os participantes neste club!
Xa apareceu a gañadora do lote de libros de Álvarez Blázquez. A afortunada foi Elsa, de 4º A. Noraboa e que os disfrutes!

19.5.08

Wéstern é a palabra premiada

Este é o marcapáxinas premiado. En efecto, tan só existe un exemplar coa palabra wéstern. O seu posuidor pode pasar pola biblioteca a recoller os seus libros. Noraboa!

18.5.08

Letras Galegas 2008

Este ano a biblioteca sumouse á celebración do Días das Letras Galegas coa edición duns orixinais marcapáxinas con 27 palabras galegas (unha por cada letra do abecedario): alicerce, bagulla, cacholada, devezo, engurra, faísca, gabanza, habelencia, incenso, jéep, kiwi, laretar, manchea, nugalla, ñáñaras, ourela, poalla, queixelo, rebanda, sabuxo, tarasca, umeiro, vaga, wéstern, xofre, yáchting e zarangallada. Os alumnos quedaron encantados co agasallo porque, ademais, saben que hai un marcapáxinas premiado e o seu posuidor recibirá un lote de libros de Xose María Álvarez Blázquez, homenaxeado este ano polas Letras Galegas.
O luns 19 de maio, saberase quen é o afortunado. Boa sorte a todos!

17.5.08

Lazarillo de Tormes ¿texto anónimo?

La catedrática de Literatura Española de la Universidad de Barcelona Rosa Navarro Durán (Figueras, 1947) ha investigado la autoría del Lazarillo de Tormes y ha llegado a la conclusión de que fue escrito por Alfonso de Valdés, secretario de Carlos V. La polémica está servida; algunos no dan crédito a la investigación y mantienen la autoría anónima de este clásico de la picaresca, otros consideran irrefutables las pruebas aportadas. Nuestro compañero José Luis Castro, discípulo de Rosa Navarro, sabe mucho de este asunto y posee numerosa bibliografía relacionada. La biblioteca está gestionando la adquisición de libros publicados a partir de estas investigaciones, pues resulta una excusa perfecta (si es que se necesitan excusas) para acercarse a esta obra entrañable en el conjunto de la literatura en español.
Más información sobre el tema en http://www.elazarillo.net/

Un novo relato de Agustín Agra


O noso compañeiro Agustín ven de ver publicado o seu segundo libro, Cazaría Salvaxe (Fóra de xogo, Xerais, 2008). Despois do premiado O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (Xerais 2006) agora sorpréndenos con este escalafriante relato cheo misterio, bruxaría e fantasía, unha "novela enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas. Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina".
Noraboa Agustín!
O libro xa está dispoñible na nosa biblioteca!