23.5.08

Club de lectura

A sombra descalza, este é o título da novela elixida como lectura para un club que, gracias á colaboración da Biblioteca Municipal de Boiro e á participación da profesora de Lingua Galega Carmen Rodríguez Varela, comezou a funcionar esta semana. Trátase dunha nova experiencia que esperamos repetir nos vindeiros cursos.
Os clubs de lectura consisten na xuntanza dun grupo de persoas que elixen unha lectura para analizala e comentala. Normalmente os membros do club xúntanse un día á semana ou quincenalmente para falar e intercambiar impresións sobre o libro. É unha maneira interesante de compartir o gusto pola lectura. O noso club desenvólvese dunha maneira algo diferente, xa que é un club "virtual" que emprega o blog como foro de debate.
Ánimo a todos os participantes neste club!

Sem comentários: