13.3.09

Que imos ler?

O club de lectura reuniuse (10.03.09). Agora andan a pensar que é o que van ler.

Persépolis, de Marjane Satrapi?

Maus, de Art Spiegelman?

Watchmen, de Alan Moore ?

E ti, liches algún? Líchelos todos? Que nos podes dicir?

7 comentários:

Anónimo disse...

un gran libro sobre unha gran historia

encantoume este libro pola historia real de artie spiegelman
recomendovos este libro pola sua historia e polas grans ilustracións

erik 1ºd

o persebe =)

Anónimo disse...

Decía o pseudointelectual Antón Reixa nunha coñecida canción que Galicia era un "sitio distinto". E ben se ve que tiña razón cando preferimos rexeitar a nosa lingua -o galego- en troques doutra que nos é allea -o portugués-: março? quinta feira? Noraboa polo clube de lectura, pero non pola falta de sentidiño lingüístico... CAVE CANEM

Anónimo disse...

Erik, ese "gran libro" é Maus, non si? Esqueciches mencionalo no teu comentario...
Grazas por axudares na escolla!
Eu súmome á túa recomendación.
Persépolis tamén me pareceu xenial!
O terceiro, Watchmen, aínda non o lin... Non vos podo dicir.
Berta

Tornarratos disse...

Pseudointelectual Antón Reixa? Coñece vostede ao grupo Rompente ou algún dos seus poemarios en solitario: Historia do Rock and Roll, Viva Galicia beibe...? Sabe quen é un dos precursores do movemento Bravú? A siniestro Total, Os resentidos ou Nación Reixa? Veu algunha vez Mareas vivas ou Somos unha potenzia? Poida que non lle gustaran O lapis do carpinteiro ou Hotel Tívoli -a min tampouco-, pero coido que utilizou o cualificativo con moita lixeireza. Cave canem? para os cadelos hai bozais.

Anónimo disse...

¡Vaya, parece que esto se pone intersante! Primero, por el club de lectura: tiene mucho mérito intentar enganchar a los adolescentes a los libros; segundo, por la "polémica Reixa". Va a resultar que este instituto tiene vidilla...PICK AND ROLL

Anónimo disse...

Home, Tornarratos, poñer un bozal por dar unha opinión? Non te pasarías, meu? Coido que o problema ven pola palabra "pseudointelectual". Non pasa nada: retiro intelectual! (Nota ó pé. Intelectual: Persoa que realiza actividades que esixen un grande uso da intelixencia).

Anónimo disse...

andades a esbaldallar vos solos kalkera lectura e boa , tanto si e un libro de cociña en castelan ou un libro de instrucions en hebreo. lectura e lectura e sempre exercera una forza positiva na mente dos seus lectores e recomendo un libro en castelan k se titula " y decirte una estupides , por ejemplo , te quiero "

erik 1ºd

tamn konocido komo o PERCEBE
berta temos k facer un debate na klase eh ¡¡