23.6.09

Que lemos este verán?

Non sabedes que ler este verán? Velaiquí tedes algunhas recomendacións.
Disfrutade das vacacións, da lectura e deica setembro!!

17.5.09

Visita de Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado visita a Cachada

O pasado xoves 30 de abril, os membros do club de lectura da biblioteca, tivemos o privilexio de asistir a unha charla dada polo escritor de cómics Miguelanxo Prado.

A conversa durou aproximadamente sobre tres horas,nas cales o escritor e debuxante falounos de diversos e interesantes temas relacionados co cómic,dende como leer un destes,o proceso polo que pasa un dos seus cómics ata que é publicado,ata graciosas anécdotas nas que se baseou para crear algunhas das súas historietas.

Dende aquí darlle as grazas a Miguelanxo por haber sacado un pouco de tempo e adicarnolo a nós.

30.4.09

Os nanorrelatos gañadores


Estes son os nanorrelatos gañadores! Ide probando o bañador porque xa tedes unha praza no bus que leva ao Aquapark de Cerceda. Parabens!!

E aqueles que queirades participar na fase de animación, non esquezades que o martes día 5 de maio, durante o 1º e 2º recreo, Ana vainos explicar como vai iso do Goanimate. Vémonos no aula de Tecnoloxía 1.

Boa ponte a todos!!

29.4.09

Falando con Gonzalo Moure

Hoxe, na biblioteca da Cachada, coñecimos a Gonzalo Moure. Falounos dos seus libros, de como escribe, de onde xurden as súas historias, dos seus proxectos no Sahara... E a moitos entráronnos ganas de correr á nosa biblioteca ver se estaba Nacho Chichones, a rapaza que da Besos del Sahara ou Maito Panduro.
Bonito encontro!

27.4.09

Preparados, listos... a escribir!


Botádelle un ollo... mirade que caras de concentración... ideas en estado puro...
Este xoves saberemos cales son os Nanorrelatos gañadores. Impacientes?

22.4.09

Rumoroloxía

Disque... seica... Miguelanxo Prado está por chegar á Cachada ... Que haberá de certo? Estade atentos...
E se queredes prepararvos, na biblioteca temos:

E proximamente...

19.4.09

No día do libro, escribimos nanorrelatos!

Se pinchas na imaxe poderás ver as bases do certame.
Non esquezas pasar pola biblioteca e inscribirte nunha das catro categorías!

24.3.09

WANTED


A Confederación de Bibliotecas de Boiro anda á procura da mascota do blog de bibliotecas que está a piques de nacer.
Víchela? Tes idea de onde pode estar? Da pinta que ten?
Poida que sexa unha foto, un debuxo, unha escultura, un graffiti...
Non temos nin idea, mais poida que ti a coñezas.
Fai un "retrato robot" antes do día 15 de maio e axúdanos na súa captura.

13.3.09

Que imos ler?

O club de lectura reuniuse (10.03.09). Agora andan a pensar que é o que van ler.

Persépolis, de Marjane Satrapi?

Maus, de Art Spiegelman?

Watchmen, de Alan Moore ?

E ti, liches algún? Líchelos todos? Que nos podes dicir?

10.3.09

A BD sae da biblioteca...

Visita a BD*expo 2009!!
Do 10 ao 27 de marzo, tes unha cita coa banda deseñada no IES A Cachada de Boiro.
Ven e bótalle un ollo!!