3.6.08
23.5.08
Club de lectura
A sombra descalza, este é o título da novela elixida como lectura para un club que, gracias á colaboración da Biblioteca Municipal de Boiro e á participación da profesora de Lingua Galega Carmen Rodríguez Varela, comezou a funcionar esta semana. Trátase dunha nova experiencia que esperamos repetir nos vindeiros cursos.Os clubs de lectura consisten na xuntanza dun grupo de persoas que elixen unha lectura para analizala e comentala. Normalmente os membros do club xúntanse un día á semana ou quincenalmente para falar e intercambiar impresións sobre o libro. É unha maneira interesante de compartir o gusto pola lectura. O noso club desenvólvese dunha maneira algo diferente, xa que é un club "virtual" que emprega o blog como foro de debate.
Ánimo a todos os participantes neste club!
Etiquetas:
Actividades,
Club de lectura,
Recomendacións
19.5.08
Wéstern é a palabra premiada
18.5.08
Letras Galegas 2008
Este ano a biblioteca sumouse á celebración do Días das Letras Galegas coa edición duns orixinais marcapáxinas con 27 palabras galegas (unha por cada letra do abecedario): alicerce, bagulla, cacholada, devezo, engurra, faísca, gabanza, habelencia, incenso, jéep, kiwi, laretar, manchea, nugalla, ñáñaras, ourela, poalla, queixelo, rebanda, sabuxo, tarasca, umeiro, vaga, wéstern, xofre, yáchting e zarangallada. Os alumnos quedaron encantados co agasallo porque, ademais, saben que hai un marcapáxinas premiado e o seu posuidor recibirá un lote de libros de Xose María Álvarez Blázquez, homenaxeado este ano polas Letras Galegas.O luns 19 de maio, saberase quen é o afortunado. Boa sorte a todos!
17.5.08
Lazarillo de Tormes ¿texto anónimo?
Más información sobre el tema en http://www.elazarillo.net/
Un novo relato de Agustín Agra
Noraboa Agustín!
O libro xa está dispoñible na nosa biblioteca!
Subscrever:
Comentários (Atom)

